sábado, 24 de septiembre de 2011

Inicio Karate

O Karate Do é unha arte marcial traída dende Okinawa (Xapón), hai moitos anos. A súa práctica ensina disciplina, respecto e responsabilidade.
Tamén ensina aos nenos e nenas a concentrarse e alcanzar metas.
O Karate cultiva a Xusticia (a través da esencia do deporte), o Valor (a través da correcta actitude coa que se practica), a Sinceridade (a través da seriedade con que se entende unha arte marcial), a Bondade (a través da práctica)
No karate seguimos 5 máximas:

1.
 Formación da personalidade
2.
 Rectitud
3.
 Esforzo e Constancia
4.
 Respecto aos demais
5.
 Reprimir a violencia



O ano pasado o noso equipo consegíu un moi bo lugar:


Este ano esperamos seguir coa nosa traxectoria...


Ánimo nenos/as!!!

lunes, 12 de septiembre de 2011

Peques Madrugadores

A ANPA pon a disposición das familias un servizo de custodia dende as 7:30 h. as 9:00 h. Os/as nenos/as máis pequenos/as serán acompañados/as pola monitora ata a súa fila.
Este servizo pode ser fixo ou esporádico, e levarase un rexistro diario dos/as nenos/as que o utilicen.


Para acceder a este servizo é obrigatorio que a familia sexa socia da ANPA