O día 16 de decembro, tres nais de nenos e nenas que cursan educación infantil tivemos a oportunidade de representar para todos os nenos e nenas o conto de Eric Carle "Unha eiruga moi larpeira". Unha de nós narraba, mentres outra tocaba a frauta travesa e a terceira interpretaba o conto cunha marioneta feita por nós mesmas.
A experiencia foi positiva tanto para nós como para os/as nenos/as e despois de participar nela pensamos que actividades coma esta poderían facerse con máis frecuencia.
Queremos dar as grazas ás profesoras de infantil pero en especial a Laura que foi a que fixo a proposta inicial para desenvolver esta actividade.
Eli
Tamén podedes ver o enlace que fixo no seu blog a mestra de infantil, Laura. E como ela alí dí:
"GRAZAS A ELISA, EVA E LUÍSA POLA REPRESENTACIÓN DO CONTO DA EIRUGA LARPEIRA QUE TANTO NOS AGRADA.PASAMOLO MOI BEN"

No hay comentarios:
Publicar un comentario