miércoles, 23 de mayo de 2012
Día das letras galegas
O 17 de maio, e tal como se fai ano tras ano nesta data, adícase o día a un escritor galego de renome, que pola súa vida e obra merece ser lembrado. Este ano, o protagonista é Valentín Paz Andrade, nado en Lérez e que tamén, coma outros moitos, foi xornalista…
Texto de 5º
Este enlace e a páxina do colexio onde hai un video do homenaxeado...
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsansalvador/node/116
Os rapaces do noso colexio celebraron este mércores pasado o seu festival das letras galegas, no cal fixeron un montón de actuacións…
lunes, 14 de mayo de 2012
Os Maios
O Pregón dos Maios
A Festa dos Maios ven de moito tempo atrás. Para aqueles homes e mulleres, a natureza era unha deusa a que algunhas civilizacións chamaban a Deusa Maya, e honrábana facendo festas onde as protagonistas eran as flores. Celébrase en varios países de Europa e adoita ser o primeiro día do mes, aínda que, as veces, coma neste caso, se faga calquera outro día de Maio.
A Festa dos Maios ven de moito tempo atrás. Para aqueles homes e mulleres, a natureza era unha deusa a que algunhas civilizacións chamaban a Deusa Maya, e honrábana facendo festas onde as protagonistas eran as flores. Celébrase en varios países de Europa e adoita ser o primeiro día do mes, aínda que, as veces, coma neste caso, se faga calquera outro día de Maio.
Vicente Risco, un escritor galego do que moitos de vos teredes coñecemento, dicía: “A Festa dos Maios é a festa da primavera, ben sexa da súa chegada ou do seu triunfo. Significa o reverdecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do horizonte e coller altura e forza”
Nesta festa fánse esculturas forradas de fiuncho, fento, flores, ovos baleiros, laranxas, etc.
Ao mesmo tempo, elabóranse coplas que se cantan arredor da figura e, normalmente serven para loubar algo ou para reclamar e protestar. Seguro que hoxe imos ter máis do segundo ca do primeiro.
Aquí está representada a forza da natureza. Os nenos e nenas son o agromar da humanidade. Por iso, nos xuntamos os colexios do barrio para ter máis forza e dicirlle aos mayores, sobre todo, aos que fan as leis, que queredes estudar e ser felices nos vosos coles ou institutos. Que non vos gusta enfermar, pero que se acontece, o voso médico estea cerca para recibirvos. Que os vosos papás e mamás non teñan que pagar moitos cartos polas mediciñas.
Así estarán máis ledos e acudirán máis satisfeitos aos seus traballos… porque queren traballar!
embremos que o sorriso dun cativo, é igual ca un campo cheíño de flores e pinta o mundo de cor…
A MESMA COR QUE HOXE NOS RODEA E NOS ENVOLVE E NOS FAI ESQUECER O DURO MOMENTO QUE VIVIMOS.
Este ano a festa foi organizada polo conxunto das ANPAS dos colexios públicos de Teis:
San Salvador de Teis
Frían
Paraixal
Educación Infantil de Monte da Guía
Santa Tegra
martes, 8 de mayo de 2012
I e II fases do Campeonato Infantil de Karate por Equipos
Os rapaces de Karate despois de dúas rondas celebradas o día 31 de marzo e 5 de maio conseguiron case o pleno. De cinco equipos catro conseguiron levar medalla. Temos que ter en conta que o equipo que non levou medalla son os máis cativos, os rapaces que fai pouco que comezaron.
Nada máis que felicitar a todolos/as nenos e nenas que participaron...
Unhas cantas imaxes dos nosos repaces e rapazas....
viernes, 20 de abril de 2012
Obradoiro de marionetas
O pasado venres, durante máis de dúas horas aprendemos a elaborar marionetas. Esta actividade estaba deseñada para que os nenos/as, pais/nais,tíos, tías, avós, avoas… conviviramos facendo unha actividade en conxunto. Tanto grandes coma pequenos o pasaron moi ben, aínda que o tempo foise voando. E aquí vese o resultado desta experiencia...
martes, 27 de marzo de 2012
Xogando o Xadrez
Onte os nenos e nenas de comedor recibiron a visita de dous membros do Club de Xadrez Lucena. Os cales viñeron a ensinarlle o básico deste xogo, para que eles puideran empezar a xogar e practicar...
viernes, 17 de febrero de 2012
Festa do entroido
Este venres todos e todas poidemos disfrutamos dunha festa chea de agasallos, música e diversión...
miércoles, 15 de febrero de 2012
lunes, 13 de febrero de 2012
As ordes do Meco Recortes no Entroido 2012
Chega o Entroido,
E como todos los anos o Meco ven a molestarnos....
“Son o Meco do Entroido, son mandón e recortón.”
Estade todos e todas moi atentos, que o meu primeiro pregón vou dar:
Estade todos e todas moi atentos, que o meu segundo pregón vou dar:
No verán teus ollos protexerás e o martes unhas gafas traerás.
Estade todos e todas moi atentos, que o meu terceiro pregón vou dar:
En outono castañas e cogumelos comerás e o mércores bigote te saerá.
Estade todos e todas moi atentos, que o meu cuarto pregón vou dar:
En inverno debaixo da chuvía e o frío bailarás e un pucho o xoves traerás.
Polo noso barrio todos xuntos desfilamos e cantamos...
miércoles, 8 de febrero de 2012
Saída dos nenos do 2º ciclo a “Que tocamos? Con que tocamos?"
Os nenos de 2º ciclo asistiron a un concerto de Música Popular Galega ofrecido pola agrupación Gaiteiros da Xistra. A actuación chamábase “Que tocamos? Con que tocamos?"
Escoitaron muiñeiras, xotas, alboradas, pasodobres,… E aprenderon moitas cousas sobre os instrumentos: a gaita, o tambor, a pandeireta, a zanfona, o acordeón, o pandeiro, o bombo.












.jpg)


