lunes, 14 de mayo de 2012

Os Maios


O Pregón dos Maios

                A Festa dos Maios ven de moito tempo atrás. Para aqueles homes e mulleres, a natureza era unha  deusa a que algunhas civilizacións chamaban a Deusa Maya, e honrábana facendo festas onde as protagonistas eran as flores. Celébrase en varios países de Europa e adoita ser o primeiro día do mes, aínda que, as veces, coma neste caso, se faga calquera outro día de Maio.
                Vicente Risco, un escritor galego do que moitos de vos teredes coñecemento, dicía: “A Festa dos Maios é a festa da primavera, ben sexa da súa chegada ou do seu triunfo. Significa o reverdecer das prantas, o comezo do ano agrícola, a ledicia de ver erguerse o sol por riba do horizonte e coller altura e forza”
                Nesta festa fánse esculturas forradas de fiuncho, fento, flores, ovos baleiros, laranxas, etc.
Ao mesmo tempo, elabóranse coplas que se cantan arredor da figura e, normalmente serven para loubar algo ou para reclamar e protestar. Seguro que hoxe imos ter máis do segundo ca do primeiro.
                Aquí está representada a forza da natureza. Os nenos e nenas son o agromar da humanidade. Por iso, nos xuntamos os colexios do barrio para ter máis forza e dicirlle aos mayores, sobre todo, aos que fan as leis, que queredes estudar e ser felices nos vosos coles ou institutos. Que non vos gusta enfermar, pero que se acontece, o voso médico estea cerca para recibirvos. Que os vosos papás e mamás non teñan que pagar moitos cartos polas mediciñas.
                Así estarán máis ledos e acudirán máis satisfeitos aos seus traballos… porque queren traballar!
embremos que o sorriso dun cativo, é igual ca un campo cheíño de flores e pinta o mundo de cor…

A MESMA COR QUE HOXE NOS RODEA E NOS ENVOLVE E NOS FAI ESQUECER O DURO MOMENTO QUE VIVIMOS.

Este ano a festa foi organizada polo conxunto das ANPAS dos colexios públicos de Teis:
San Salvador de Teis
Frían
Paraixal
Educación Infantil de Monte da Guía
Santa Tegra
Foi unha festa animada e con moi bo ambiente, isto vale para demostrar que xuntos se poden facer cousas moi boas. Unhas cantas imaxes da festa…


Click to play this Smilebox slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario