martes, 25 de octubre de 2011

Obradoiro de Cociña, Cuarta Sesión:

“Galletas para Halloween”
Materias e utensilios
 
A maiores do que xa temos.

  • Papel para o forno (importante porque senón o forno mánchase moito e as galletas péganse).
  • Rodete de cociña para estirar a masa, (senón temos podemos sustituílo por unha botella de vidro).
  • Un plato fondo para derretir a manteiga no microondas.

Ingredentes
 
Por grupo

  • ·   Un paquete de fariña.
  • ·   Un paquete de azucre.
  • ·   Un sobre de fermento
  • ·   Chocolate para fundir.
  • ·   Manteiga 150 – 200 gramos.
  • ·   Vainilla líquida
  • ·   E escarvadentes para darlle forma as galletas

Mans á obra.
 
Bater ben o azucre coa manteiga (derretida previamente no microondas), os ovos, o fermento e a vainilla líquida.
Poremos a quentar o forno a 200 ºC.
Logo imos engadindo pouco a pouco a fariña, batendo continuamente para
que non se formen grumos, ata lograr unha masa cremosa e maleable. Facemos
unha bola coa masa e esmagámola co rodete, ata deixar un grosor entre
1 e 1,5 cm.
Repartiráselle a cada neño/a un anaco da masa e onde farán os seus debuxos e
formas, decorando as súas galletas con cachiños de noz e de chocolate (previamente

partidos). Enfariñaremos e poremos manteiga na fonte para o forno (senón temos o papel para
forno) e disporemos as nosas galletas. Baixaremos a temperatura do forno a 180*C e fornearemos
as nosas galletas durante 15 ou 20 minutos.
 






Agora haberá que esperar que arrefríen para saborear as nosas galletas.

martes, 18 de octubre de 2011

Obradoiro de Cociña, Terceira Sesión:

“Minipizzas”
Material: Coitelos, pratos, papel de forno, culleres.
Ingredentes:

  • ·   Baguette
  • ·   Tomate frito
  • ·   Champiñóns
  • ·   Queixo relado
  • ·   Baicon
  • ·   Xamón de iork

Mans á obra:

  • ·   Cortamos a baguette á metade, e cada metade en 2 ou 3 porcións.
  • ·   Botamos en cada porción, na parte do miolo, un poco de tomate frito, repartíndoo por todo o miolo.
  • ·   Cortamos o xamón iork, o baicon e os champiñóns en cachiños pequenos.
  • ·   Repartimos os cachiños por toda a pizza.
  • ·   Pomos o papel no forno e deixamos as minipizzas dentro do forno máis ou menos 15 minutos.
Gif Pizza caliente
Retirámolas e a comer!

Xornada de Minitenis

Hoxe os máis peques do cole, disfrutaron dun día diferente...


Click to play this Smilebox slideshow


Os nenos de 5º de infantil, 6º de infantil, 1º de primaria e 2º de primaria, pasárono de medo xogando ao minitenis.

martes, 11 de octubre de 2011

Obradoiro de Cociña, Segunda Sesión:


Bob esponxa”

Materiais e utensilios
Non necesitamos máis que o material do outro día.


Ingredentes
Por grupo

  • ·       Un paquete de pan de molde grande, contando que necesitamos 20 rebanadas.
  • ·       5 cogombros para cortar a metade.
  • ·       20 rebanadas de xamón de iork
  • ·       20 rebanadas de queixo
  • ·       1 leituga, con que sexa máis pequena que a da anterior sesión chega, porque, a non ser que lles guste e quieran poñer máis, só precisan unha.
  • ·       10 tomates
  • ·       Aproveitamos as olivas do outro día.
Por neno/a

  • ·       2 rebanadas de pan de molde
  • ·       1/2 cogombro
  • ·       2 rebanadas de xamón de iork
  • ·       2 rebanadas de queixo
  • ·       1 folla de leituga
  • ·       1 tomate
  • ·       Olivas para facer os ollos e a quen lle gusten que as engada dentro do sándwich
Mans á obra.
Lávanse todos as mans. Dánselle aos/ás nenos/as os ingredientes.
Lavan as verduras, quitámoslle a codia ao pan e reservámola. Para dalle a forma do corpo hai que sacar un pouquiño das esquinas de abaixo para que quede máis ou menos así (aínda que menos esaxerada):

Cortamos o tomate en rebandas e dunha delas, preferentemente dunha das “tapas” do tomate, con axuda do coitelo dámoslle forma de gravata e reservámola para o final de todo.
Quitámoslle a pel con coidado ao anaco de cogombro que nos tocou e cortamos a pel en tiras e reservámolas para decorar ao noso Bob Esponxa (pestanas, marcas de expresión, cinto, etc. o que queiran). Cortamos o cogombro pelado en rebandas e reservamos catro, dúas para os ollos e coas outras dúas facemos círculos máis pequenos para decorar o corpo. Posteriormente, nunha das nosas rebandas de pan debuxamos un gran sorriso, debuxando primeiro co coitelo e quitando o pan central despois.
Collemos unha rebanda de xamón de iork e cortámola para que saia da boca, a modo de lingua, algo así:
Por exemplo, cortan a rebanda e a parte de arriba úsana de recheo para o sándwich.


Cunha rebanda de queixo facemos dúas tiras e partímolas á metade, de forma que dúas son os brazos e dúas as pernas do noso Bob. Logo fan dous cadradiños para os dentes, dúas mans e un cacho para facer o nariz.


Cada neno/a colle unha oliva e a parte á metade para facer os ollos. Aos que lles gustan as olivas poden cortar algunhas máis para pór dentro do sándwich e así aproveitalas.
Sobre a outra rebanda de pan de molde colocamos a rebanda de xamón de iork e o anaco que nos sobrou de antes, unha rebanda de queixo e os posibles restos que nos sobraron de facer brazos, dentes e nariz, e as rebandas de tomate e de cogombro que nos sobran.
Ao rematar colocan unha folla de leituga e enriba dela a ”lingua” de xamón de iork. Pomos a rebanada de pan co buraco do sorriso e a continuación xa podemos decorar o noso Bob Esponxa. Pómoslle as dúas rebandas de cogombro cunha metade de oliva por riba; coas tiras da pel do cogombro facémoslle as pestanas; pómoslle o nariz de queixo; os dentes de queixo; as liñas do sorriso coa pel do pepino; coa codia do pan de molde colocámoslle a Bob o cinto, as pernas do pantalón e os zapatos; pómoslle a súa garavata, o cinto, os círculos de cogombro pequenos e finalmente mans e pés e ¡LISTO!
Gif Bob absorbido

jueves, 6 de octubre de 2011

Inicio Baile Galego e pandereta

Antes de nada, gustaríanos darvos a benvida á actividade, intentaremos que tanto a nivel funcional como organizativo cumpra coas vosas expectativas.
O baile Galego así como a Pandeireta, son importantes porque forman parte das nosas tradicións.

Cremos que plantando unha semente pequena nos nosos pequenos conseguiremos manter vivas as nosas tradicións.
Queremos transmitir tanto o Baile galego como a Pandeireta como unha disciplina bonita á vez que divertida.
A continuación imos informarvos dalgunhas cuestións que creemos importantes:
1.     Como sabedes poderedes darvos de alta ou de baixa en calquera momento. Pregámosvos que o fagades por escrito indicando o nome do neno/a e o motivo desta, se é posible, e cunha antelación de 20 día como mínimo.
2.     Ao longo do curso está previsto que realicemos algunha actividade fóra de horario extraescolar, participar no Día Das Letras Galegas ou no Festival de Fin de Cuso. Antes das devanditas celebracións mandarásevos unha circular informándovos.

Un pobo con tradicións é un pobo con sabedoría.


miércoles, 5 de octubre de 2011

Inicio Ximnasia Rítmica


Antes de nada, gustaríanos darvos a benvida á actividade, intentaremos que tanto a nivel funcional como organizativo cumpra coas vosas expectativas.



Esta disciplina estimula a coordinación e desenvolve a flexibilidade, ainda que tradicionalmente se considerou de mulleres, os especialistas aseguran que os beneficios son tan positivos que é recomendado tanto para que o practiquen as nenas como os nenos. Aos pequenos, a práctica da ximnasia rítmica axúdalles a:


- Estimular a coordinación.
- Favorecer a flexibilidade e a forza muscular.
- Corrixir malas posturas.
- Aumentar a confianza en si mesmos e xerarlles un sentimento de seguridade.
- Fomentar o equilibrio.
- Fomentar a concentración.
- Ensinar a importancia do traballo en equipo, o compañeirismo e o respecto polos demais.
- Desenvolver o sentido da harmonía e a estética.




A continuación imos informarvos dalgunhas cuestións que creemos importantes:


1.- Como sabedes poderedes darvos de alta ou de baixa en calquera momento. Pregámosvos que o fagades por escrito, indicando o nome do/a neno/a e o motivo desta, se é posible, e cunha antelación de 20 día como mínimo.


2.- Para o desenvolvemento da actividade é necesario que o neno vista roupa deportiva tal como chándal ou maias, calcetíns, xa que a práctica desta modalidade deportiva se practica con punteiras ou no seu defecto, como é o caso, calcetíns polo que con estes sería suficiente. Tamén é importante que leven o pelo recollido.


3.- Ao longo do curso está previsto que realicemos algunha actividade fóra de horario extraescolar, como por exemplo o día da ximnasia rítmica, no cal se fará un exhibición cunha coreografía, festa de final de curso,etc. Para ese tipo de eventos sería necesario a compra dunha malla e punteiras. Antes diso mandarásevos unha circular informando sobre como se desenvolverá a actividade incluíndo o custo das mallas (nós non nos lucramos con iso, buscaremos o mellor prezo).

Inicio Música

Antes de nada, gustaríanos darvos a benvida á actividade, intentaremos que tanto a nivel funcional como organizativo cumpra coas vosas expectativas.

A música exerce un impacto directo sobre a tonalidade do ser infantil, para o neno, é sinónimo de movemento, o xogo, actividade, emoción. Nos seus primeiros contactos coa música.
A música, do mesmo modo que a expresión corporal rítmicas constitúe non só importante factor de desenvolvemento estimulante existente, senón tamén un medio inestimable para calmar as tensións e desequilibrios, o exceso de enerxía do/a neno/a.
A influencia da educación musical no nivel inicial é importante porque así imos nutrir a sensibilidade e a emotividade dos nenos e nenas ensinándoos a coñecer a beleza e a descubrir o pracer estético.
A través dunha educación musical axeitada na que se ensina aos nenos e nenas poidan ter un bo desenvolvemento da sensibilidade estética e dunha vida emotiva.

A continuación imos informarvos dalgunhas cuestións que creemos importantes:
1.     Como sabedes poderedes darvos de alta ou de baixa en calquera momento. Pregámosvos que o fagades por escrito indicando o nome do neno/a e o motivo desta se é posible e cunha antelación de 20 día como mínimo.
2.     Para o desenvolvemento da actividade é necesario que o neno vista roupa deportiva para a súa maior comodidade.
3.     Ao longo do curso está previsto que se realizará algún tipo de exposición/ exhibición na cal o neno demostrará o adquirido durante este curso.
4.     Nalgunha clase a profesora pintará nalgunha das sesións a cara (poñendo como basee crema hidratante) aos nenos. No caso de que non estean de acordo, informen o coordinadora ou a un membro da ANPA.
5.     No caso de que faga falta algún tipo de material comunicarémosllo mediante unha circular ou nun comunicado no blog.


martes, 4 de octubre de 2011

Obradoiro de Cociña Primeira Sesión:

“Rompendo o cascarón”


Materiais e utensilios

  • ·   Unha ola grande para cocer os ovos.
  • ·   Cociña.
  • ·   Un bol para mesturar o recheo.
  • ·   Un bol para lavar as verduras.
  • ·   Coitelos.
  • ·   Culleres.
Ingredentes

  • ·   Tres ovos por nen@. Total 30 ovos.
  • ·   Atún ou bonito. O que saia máis barato, unha lata grande, o que sobre aprovéitase para a ensalada.
  • ·   Un bote de mahonesa pequeno.
  • ·   Duas latas de olivas rechenas de pementos.
  • ·   Unha ou duas leitugas (segundo a cantidade que queiramos facer de ensalada).
  • ·   Un ou dous paquetes de tomates cherri ou no seu defecto 10 tomates (non moi grandes), son para a ensalada e o pico.


Mans á obra.
·   Poñemos os ovos a cocer 10 minutos.
·   Unha vez cociñados, os pasaremos por auga fría para que templen.
·   Pelaremos os ovos e os cortaremos, sacando as xemas e poñéndoas no bol.
·   Un encargarase de botar o atún/bonito  e outro engadirá unhas culleradas de mahonesa, un terceiro remexerá todo.
·   Mentras tanto 3 nen@s se encargarán de lavar os tomates e a leituga.
·   Outros duos irán cortando a leituga con as mans en cachiños pequenos.
·   Outros duos cortarán as olivas en toros.
·   Unha vez terminado cada neñ@ cortará o seu tomate e fará un pequeno pico para cada un dos seus pitiños.
·   Finalmente montaremos o noso prato: unhas follas de leituga e uns cachos de tomate para facer a cama (ensalada, se sobran alimentos tipo olivas ou atún tamén se pode aproveitar para facer a ensalada); posteriormente cunha culleriña reencheremos os nosos ovos e poñerémoslles os seus olliños e o seu pico.
Listo, xa temos a cea lista.


Inicio Danza

Antes de nada, gustaríanos darvos a benvida á actividade, intentaremos que tanto a nivel funcional como organizativo cumpra coas vosas expectativas.

OS BENEFICIOS DA DANZA
A danza potencia o control e dominio dos movementos corporais do/a neno/a, quen pode evolucionar dende a libre expresión do corpo, ata a aprendizaxe dalgunhas danzas nun ambiente divertido e variado; coa súa execución estimúlase o desenvolvemento das habilidades motoras, das capacidades perceptivo motoras, e dentro destas o ritmo, a fluidez, a dinámica, a transmisión e a precisión do movemento entre outros, en beneficio da coordinación motora.

A continuación imos informarvos dalgunhas cuestións que creemos importantes:
1.- Como sabedes poderedes darvos de alta ou de baixa en calquera momento. Pregámosvos que o fagades por escrito indicando o nome do neno/a e o motivo desta se é posible e cunha antelación de 20 día como mínimo.
2.- Para o desenvolvemento da actividade é necesario que o neno vista roupa deportiva tal como chándal ou maias, e calzado deportivo.
3.- Ao longo do curso está previsto que realicemos algunha actividade fóra de horario extraescolar, participar no día da danza ou o festival de final de curso. Antes das devanditas celebracións mandarásevos unha circular informándovos.


lunes, 3 de octubre de 2011

Inicio Balomán

É un deporte de equipo que se xoga en pista ou campo. Trátase de meter un balón na portería contraria.




Beneficios... 
* Introduce ao neno/a na sociedade e ensínalle a seguir regras.
* Axúdalle a abrirse aos demais e superar a timidez.
* Frea os seus impulsos excesivos, e fomentará no/a neno/a a necesidade de colaborar por riba do individualismo.
* Faralle recoñecer, aceptar e respectar que existe alguén que sabe máis que él.
* Produce un aumento xeneralizado do movemento coordinado. E aumenta as súas posibilidades motoras.

Inicio Obradoiros

Antes de nada, gustaríanos darvos a benvida á actividade, intentaremos que tanto a nivel funcional como organizativo cumpra coas vosas expectativas.
Este ano intentamos crear unha actividade diferente, para isto pesamos en crear unha actividade mensual, na que cada mes será un taller distinto. Polo tanto para asistir a cada taller haberá que darse de alta individualmente.

Os talleres que traballaremos este ano son:

Outubro - Obradoiro de Cociña: Neste mes faremos diferentes receitas de cociña, relacionadas coa estación na que estamos, no lugar no que vivimos e nos produtos da nosa terra. Para a actividade é necesario que os/as nenosas traian de casa un mandilón ou algún tipo de batín que se poida ensuciar. Tamén é necesario que traian un tupper.

Novembro - Obradoiro de pequenos/as científicos/as: Divertirse a través da ciencia está de moda. Os máis pequenos poden fomentar a súa creatividade e a súa actitude crítica ante a realidade que os rodea.




Decembro - Obradoiro do Nadal: Chegando o Nadal, hai moitas manualidades coas que podemos adornar a nosa árbore, a mesa nas festas, etc.




Xaneiro - Obradoiro Medioambiental: O noso ámbito depende cada vez máis do noso comportamento. Con pequenas cousas podemos responsabilizarnos e concienciarnos ou respecto do medio. Ademais farémolo xogando.

Febreiro - Taller manualidades: Propoñer actividades que fomenten o desenvolvemento das capacidades creativo expresivas, dá lugar a traballos marabillosos.

Marzo - Taller de reciclaxe: Desfacémonos de moitas cousas que a priori parecen inútiles. Descubriremos como se converten en obxectos de grande utilidade.

Abril - Confección de Cómic: Desenvolver un cómic é un reto que faremos cun profesional deste mundo. Crear a nosa propia historia e contala desenvolverá á nosa capacidade comunicativa, creativa e artística.

Maio - Preparación de exposición: O traballo de todo o curso require unha presentación exquisita, unha montaxe acorde ás circunstancias. Será un día de festa e de sorpresas.

A continuación imos informarvos dalgunhas cuestións que creemos importantes:

1.- Como sabedes poderedes darvos de alta ou de baixa en calquera momento. Pregámosvos que o fagades por escrito indicando o nome do neno/a e o motivo desta se é posible. Se nos vos dades de baixa antes do día 20 de cada mes, significará que se apuntan ao seguinte taller.

2.- Para a actividade é necesario que os nenos traian de casa un mandilón ou algún tipo de batín que se pode ensuciar. No caso de necesitar algún tipo de material para o desenvolvemento da clase, informaráselles previamente por medio dunha circular.

3.- Ao longo do curso está previsto que realicemos algunha actividade fóra de horario extraescolar, como por exemplo algunha exposición do traballo realizado en clase.

Inicio Psicomotricidade

Antes de nada, gustaríanos darvos a benvida á actividade, intentaremos que tanto a nivel funcional como organizativo cumpra coas vosas expectativas.
Como ben vos informamos anteriormente esta actividade está encamiñada ao desenvolvemento motora do neno, para que un neno poida aprender a ler, os músculos dos seus ombros, as súas costas, e os seus brazos deben desenvolverse e debe ser capaz de realizar movementos globais con todos eles e ademais dominalos voluntariamente. Este é só un exemplo da importancia que ten o desenvolvemento dos aspectos psicomotrices nesta etapa evolutiva dos nosos fillos. Ademais isto facémolo dunha forma lúdica, eles divertiranse aprendendo.

A continuación imos informarvos dalgunhas cuestións que creemos importantes:
1.- Como sabedes poderedes darvos de alta ou de baixa en calquera momento. Pregámosvos que o fagades por escrito indicando o nome do neno/a e o motivo desta se é posible e cunha antelación de 20 día como mínimo.
2.- Para o desenvolvemento da actividade é necesario que o neno vista roupa deportiva tal como chándal ou maias, e calzado deportivo.