Antes de nada, gustaríanos darvos a benvida á actividade, intentaremos que tanto a nivel funcional como organizativo cumpra coas vosas expectativas.
Esta disciplina estimula a coordinación e desenvolve a flexibilidade, ainda que tradicionalmente se considerou de mulleres, os especialistas aseguran que os beneficios son tan positivos que é recomendado tanto para que o practiquen as nenas como os nenos. Aos pequenos, a práctica da ximnasia rítmica axúdalles a:
- Estimular a coordinación.
- Favorecer a flexibilidade e a forza muscular.
- Corrixir malas posturas.
- Aumentar a confianza en si mesmos e xerarlles un sentimento de seguridade.
- Fomentar o equilibrio.
- Fomentar a concentración.
- Ensinar a importancia do traballo en equipo, o compañeirismo e o respecto polos demais.
- Desenvolver o sentido da harmonía e a estética.
A continuación imos informarvos dalgunhas cuestións que creemos importantes:
1.- Como sabedes poderedes darvos de alta ou de baixa en calquera momento. Pregámosvos que o fagades por escrito, indicando o nome do/a neno/a e o motivo desta, se é posible, e cunha antelación de 20 día como mínimo.
2.- Para o desenvolvemento da actividade é necesario que o neno vista roupa deportiva tal como chándal ou maias, calcetíns, xa que a práctica desta modalidade deportiva se practica con punteiras ou no seu defecto, como é o caso, calcetíns polo que con estes sería suficiente. Tamén é importante que leven o pelo recollido.
3.- Ao longo do curso está previsto que realicemos algunha actividade fóra de horario extraescolar, como por exemplo o día da ximnasia rítmica, no cal se fará un exhibición cunha coreografía, festa de final de curso,etc. Para ese tipo de eventos sería necesario a compra dunha malla e punteiras. Antes diso mandarásevos unha circular informando sobre como se desenvolverá a actividade incluíndo o custo das mallas (nós non nos lucramos con iso, buscaremos o mellor prezo).

No hay comentarios:
Publicar un comentario