- · Unha ola grande para cocer os ovos.
- · Cociña.
- · Un bol para mesturar o recheo.
- · Un bol para lavar as verduras.
- · Coitelos.
- · Culleres.
Ingredentes
- · Tres ovos por nen@. Total 30 ovos.
- · Atún ou bonito. O que saia máis barato, unha lata grande, o que sobre aprovéitase para a ensalada.
- · Un bote de mahonesa pequeno.
- · Duas latas de olivas rechenas de pementos.
- · Unha ou duas leitugas (segundo a cantidade que queiramos facer de ensalada).
- · Un ou dous paquetes de tomates cherri ou no seu defecto 10 tomates (non moi grandes), son para a ensalada e o pico.
Mans á obra.
· Poñemos os ovos a cocer 10 minutos.
· Unha vez cociñados, os pasaremos por auga fría para que templen.
· Pelaremos os ovos e os cortaremos, sacando as xemas e poñéndoas no bol.
· Un encargarase de botar o atún/bonito e outro engadirá unhas culleradas de mahonesa, un terceiro remexerá todo.
· Mentras tanto 3 nen@s se encargarán de lavar os tomates e a leituga.
· Outros duos irán cortando a leituga con as mans en cachiños pequenos.
· Outros duos cortarán as olivas en toros.
· Unha vez terminado cada neñ@ cortará o seu tomate e fará un pequeno pico para cada un dos seus pitiños.
· Finalmente montaremos o noso prato: unhas follas de leituga e uns cachos de tomate para facer a cama (ensalada, se sobran alimentos tipo olivas ou atún tamén se pode aproveitar para facer a ensalada); posteriormente cunha culleriña reencheremos os nosos ovos e poñerémoslles os seus olliños e o seu pico.
Listo, xa temos a cea lista.


No hay comentarios:
Publicar un comentario