martes, 11 de octubre de 2011

Obradoiro de Cociña, Segunda Sesión:


Bob esponxa”

Materiais e utensilios
Non necesitamos máis que o material do outro día.


Ingredentes
Por grupo

  • ·       Un paquete de pan de molde grande, contando que necesitamos 20 rebanadas.
  • ·       5 cogombros para cortar a metade.
  • ·       20 rebanadas de xamón de iork
  • ·       20 rebanadas de queixo
  • ·       1 leituga, con que sexa máis pequena que a da anterior sesión chega, porque, a non ser que lles guste e quieran poñer máis, só precisan unha.
  • ·       10 tomates
  • ·       Aproveitamos as olivas do outro día.
Por neno/a

  • ·       2 rebanadas de pan de molde
  • ·       1/2 cogombro
  • ·       2 rebanadas de xamón de iork
  • ·       2 rebanadas de queixo
  • ·       1 folla de leituga
  • ·       1 tomate
  • ·       Olivas para facer os ollos e a quen lle gusten que as engada dentro do sándwich
Mans á obra.
Lávanse todos as mans. Dánselle aos/ás nenos/as os ingredientes.
Lavan as verduras, quitámoslle a codia ao pan e reservámola. Para dalle a forma do corpo hai que sacar un pouquiño das esquinas de abaixo para que quede máis ou menos así (aínda que menos esaxerada):

Cortamos o tomate en rebandas e dunha delas, preferentemente dunha das “tapas” do tomate, con axuda do coitelo dámoslle forma de gravata e reservámola para o final de todo.
Quitámoslle a pel con coidado ao anaco de cogombro que nos tocou e cortamos a pel en tiras e reservámolas para decorar ao noso Bob Esponxa (pestanas, marcas de expresión, cinto, etc. o que queiran). Cortamos o cogombro pelado en rebandas e reservamos catro, dúas para os ollos e coas outras dúas facemos círculos máis pequenos para decorar o corpo. Posteriormente, nunha das nosas rebandas de pan debuxamos un gran sorriso, debuxando primeiro co coitelo e quitando o pan central despois.
Collemos unha rebanda de xamón de iork e cortámola para que saia da boca, a modo de lingua, algo así:
Por exemplo, cortan a rebanda e a parte de arriba úsana de recheo para o sándwich.


Cunha rebanda de queixo facemos dúas tiras e partímolas á metade, de forma que dúas son os brazos e dúas as pernas do noso Bob. Logo fan dous cadradiños para os dentes, dúas mans e un cacho para facer o nariz.


Cada neno/a colle unha oliva e a parte á metade para facer os ollos. Aos que lles gustan as olivas poden cortar algunhas máis para pór dentro do sándwich e así aproveitalas.
Sobre a outra rebanda de pan de molde colocamos a rebanda de xamón de iork e o anaco que nos sobrou de antes, unha rebanda de queixo e os posibles restos que nos sobraron de facer brazos, dentes e nariz, e as rebandas de tomate e de cogombro que nos sobran.
Ao rematar colocan unha folla de leituga e enriba dela a ”lingua” de xamón de iork. Pomos a rebanada de pan co buraco do sorriso e a continuación xa podemos decorar o noso Bob Esponxa. Pómoslle as dúas rebandas de cogombro cunha metade de oliva por riba; coas tiras da pel do cogombro facémoslle as pestanas; pómoslle o nariz de queixo; os dentes de queixo; as liñas do sorriso coa pel do pepino; coa codia do pan de molde colocámoslle a Bob o cinto, as pernas do pantalón e os zapatos; pómoslle a súa garavata, o cinto, os círculos de cogombro pequenos e finalmente mans e pés e ¡LISTO!
Gif Bob absorbido

No hay comentarios:

Publicar un comentario