OBXECTIVOS
• Explicar leis físicas que nos afectan diariamente e das cales, somos pouco conscientes.
• Crear un pequeno adorno para casa que nos recorde que a física tamén pode ser divertida.
CONTIDOS
Que estaremos estudando? Con esta sinxela actividade estudaremos dúas leis físicas importantes: A gravidade e a fricción, á vez que potenciamos a nosa creatividade decorando o noso animaliño.
Que sucederá? Ao tirar do cordón, este exerce presión dentro das caniñas. Esta forza, chamada fricción, impide que a araña caia. Cando soltas o cordón, este non fai presión contra as caniñas, polo que a fricción é menor e a araña deslízase ata abaixo, debido á forza da gravidade. Se lle damos a volta verémolo moito mellor.

No hay comentarios:
Publicar un comentario