Que é o magosto? Como o viven os nosos nenos?
O Magosto é unha festa de amizade e veciñanza. Tamén é unha festa de homenaxe aos froitos de recente colleita como son por exemplo as castañas e as uvas.
Os nosos nenos e nenas coa axuda dos seus mestres decoraron o colexio con motivos do outono, época na que se celebra o magosto. Tamén trouxeron da casa como tódolos anos o seu porta castañas personalizado.
O pasodo xoves os rapaces e rapazas do colexio reuníronse o redor do lume para asar e comer castañas. Despois xogaron a xogos populares e os máis atrevidos pintaron a cara coa cinza ou borralla da fogueira… |
http://paisdequinto.blogspot.com/2011/11/magosto.html
Tamén Laura fixo un pequeno video dos porta-castañas dos seus nenos...
http://kangurines.blogspot.com/2011/11/porta-castanas.html

No hay comentarios:
Publicar un comentario