viernes, 4 de noviembre de 2011

Celebración Samaín

Chegou a epoca do Samaín, o principio do inverno e o fin do outono. É a noite máis misteriosa do ano. Neste curso os/as nosos/as fillos/as botaron fóra simbolicamente os seus medos a través do lume...


Un pouco de Historia...


Na noite do 31 de outono comezaba o aninovo celta, marcando a transición do outono ao inverno. Durante a 

noite do 31 de outubro os druídas (a caste sacerdotal dos celtas) recollían as baías do acivro dos troncos de 
aciñeiras e carballos, cunha fouce de ouro. Acto seguido depositaban esas baias nun caldeiro ou as tiraban a un manto branco que sostiña outro druída no chan. Despois, esas baias tan especiais, terían indubidables poderes curativos para o poboado, e para as súas elaboracións "máxicas".  


Uns días antes do ano novo, tiñan lugar innumerables sacrificios animais. Ademais de ter un carácter relixioso, temos que ter en conta unha cousa que se achega o inverno e hai que empezar a almacenar para facer fronte aos duros meses que veñen por diante. 


Estes sacrificios de animais, facíanse co obxectivo de aprovisionarse de carne e de pel para o inverno. Era a súa peculiar "matanza". 


Esa noite está relacionada moi directamente co mundo dos mortos. Pois ben, esta crenza estaba moi arraigada  no  pobo  celta.  Eles  crían  que  esa  noite,  unha  "porta" abríase, e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas. Durante este período non se podía saír do pobo, pois nesta noite, as ánimas dos finados volven visitar ás súas familias  e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os parentes. 


Durante esas horas, podíase tocar, palpar e ata se podía traspasar ao mundo dos mortos. 
Por iso en todo o pobo había fogueiras. Estas, non se acendían coa intención de espantar aos malos espíritos, nin nada diso, senón que se acendían para poder guiar aos mortos na escuridade da noite, para que atopase aos seus parentes e fogares, e puidésense quentar coa calor do lume do fogar.  




Cantando...

Os nosos rapaces aprenderon a canción do Samaín...





Unhas imaxes para o recordo...

Click to play this Smilebox slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario