O tenis de mesa é un deporte de raqueta que se disputa na modalidade individual (dous xogadores) ou por equipos (catro xogadores).
Esta actividade desenvólvese grazas á colaboración desinteresada entre a ANPA e dous membros do claustro: Paco e Jesús.
A iniciativa tivo tanto éxito que non quedan prazas. Se estás interesado/a en participar contacta coa ANPA.
Esta actividade desenvólvese grazas á colaboración desinteresada entre a ANPA e dous membros do claustro: Paco e Jesús.
A iniciativa tivo tanto éxito que non quedan prazas. Se estás interesado/a en participar contacta coa ANPA.
Un pouco de historia…
§ Os primeiros Campionatos do Mundo de Tenis de Mesa celebráronse en Londres en 1926.
§ Os primeiros Campionatos Mundiais Femininos de Tenis de Mesa por Equipos celebráronse o ano 1933 en París.
§ Hoxe en día, os Mundiais de Tenis de Mesa teñen dúas citas anuais, unha para a competición por equipos e outra para a competición individual e converteuse nun dos deportes máis excitantes e rápidos.
§ O tenis de mesa é deporte olímpico desde o ano 1988.
Curiosidades sobre o tenis de mesa...
§ O tenis de mesa é o terceiro deporte con máis practicantes federados do mundo.
§ A velocidade da pelota no tenis de mesa pode alcanzar os 190 km/h.
§ O tempo de contacto da pelota coa raqueta é de 0'003 segundos.
§ Diversos estudos apuntan ao tenis de mesa (tras a natación), como o segundo deporte máis san e completo que se pode practicar.
§ Un estudo recente da NASA determinou que o tenis de mesa é o deporte de maior dificultade (a nivel de elite) e a terceira actividade deportiva máis complexa.
§ O tenis de mesa é un dos deportes que se require conxugar con maior habilidade a preparación física coa intelixencia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario