viernes, 23 de diciembre de 2011

Festa de Nadal

Este ano na festa de nadal os/as nenos/as prenderon o seu adorno persoal na nosa árbore dos desexos. Contamos coa actuación dun mago que nos fixo rir a todos: grandes e pequenos... e  como non, recibimos a visita dun dos Reis Magos de Oriente.
Tivemos música de ambiente, ponche e agasallos... todo isto contribuiu a que fose unha tarde moi especial...




Ademáis temos que agradecer os voluntarios que nos axudaron na decoración e realización da festa, dalgúns temos imaxes...



FELICES FESTAS A TODOS/AS

jueves, 22 de diciembre de 2011

O NADAL

Os nosos pequenos, coa axuda dos seus mestres decoraron as aulas e colexio con adornos de nadal, creando con elo un agradable ambiente navideño...



O dia 21 de decembro tivo lugar o Festival de Nadal no cal carda curso fixo unha actuación. O programa foi o seguinte:

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Felicitando as festas...

Os nenos e nenas de Tenis de mesa deséxanvos felices festas...

Felicitando as festas...

Os nenos e nenas de Danza deséxanvos felices festas...

Obradoiro de Nadal

Os nosos rapaces do Obradoiro de Nadal, aprenderon a facer ponpóns, traballar co fieltro e a desenrolar a súa creatividade...

Click to play this Smilebox slideshow

Felicitando as Festas

Os nenos de Baile Galego e Pandereta deséxanvos Felices Festas...

Felicitando as Festas

Os nenos de Obradoiro deséxanvos felices festas...
 
 

felicitando as Festas

Os nenos de Psicomotricidade deséxanvos felices festas...



Os nenos e nenas de Ximnasia Rítmica deséxanvos felices festas...


Os nenos e nenas de Informatica deséxanvos felices festas...


domingo, 18 de diciembre de 2011

CONTACONTOS: "Unha eiruga moi larpeira"

O día 16 de decembro, tres nais de nenos e nenas que cursan educación infantil tivemos a oportunidade de representar para todos os nenos e nenas o conto de Eric Carle "Unha eiruga moi larpeira". Unha de nós narraba, mentres outra tocaba a frauta travesa e a terceira interpretaba o conto cunha marioneta feita por nós mesmas.
A experiencia foi positiva tanto para nós como para os/as nenos/as e despois de participar nela pensamos que actividades coma esta poderían facerse con máis frecuencia.
Queremos dar as grazas ás profesoras de infantil pero en especial a Laura que foi a que fixo a proposta inicial para desenvolver esta actividade.

Eli

Tamén podedes ver o enlace que fixo no seu blog a mestra de infantil, Laura. E como ela alí dí:
"GRAZAS A ELISA, EVA E LUÍSA POLA REPRESENTACIÓN DO CONTO DA EIRUGA LARPEIRA QUE TANTO NOS AGRADA.PASAMOLO MOI BEN"

miércoles, 14 de diciembre de 2011

Visita dos rapaces de 3º ciclo a Granxa KIRIKO

O pasado día 13 de decembro o alumnado de 3º ciclo visitou a Granxa KIRIKO. O tema da saída era: "Árboles para la vida, vida para los árboles". Grazas á axuda do mestre Fernando e do seu blog podedes ver as fotos da visita. Os nenos e nenas pasárono moi ben (ou polo menos eso nos pareceu aos mestres) e como veredes nas fotos eso parece.





Os traballos de Nadal

Os nenos de informática fixeron uns pequenos traballos sobre o Nadal...










Facendo un pequeno Tambor

Os nosos pequenos nesta semana fabricaron un tambor de man (como o dos peruanos) cunha caixa de quesitos e dúas bólas aos extremos, suxeitos con la. Fixeron un debuxo traballando escóitaa de diferentes música e o que nos fan sentir (medieval, gregoriano, clásica, romántica?)
Ademais traballaron escóitaa e expresión.

Click to play this Smilebox slideshow

martes, 29 de noviembre de 2011

Visita a obra "Pinocho y medio"

O alumnado de 1º ciclo de primaria o pasado luns 28 de novembro foi ver a obra de títeres "Pinocho y medio ".

Tivemos a ocasión de gozar dunha sinxela obra. Gústounos moito .

De momento non temos fotos que poder ensinar. Pero vos deixamos unha ligazón relacionada coa obra, ademáis dun pequeno video.




Entrada realizada grazas a:
Web do colexio

lunes, 28 de noviembre de 2011

3ª SESIÓN OBRADOIRO CIENTÍFICO. “Os coches eólicos chegaron”

OBXECTIVOS
Traballar a importancia da enerxía eólica como enerxía renovable.
Coñecer as oportunidades das enerxías renovables para desenvolver aparellos que non contaminen.
Utilizar material de refugallo para construír xogos (reutilización).
Sensibilizar aos participantes ante a urxente necesidade de reducir o noso consumo e polo tanto, os danos ao medio ambiente.

CONTIDOS
Nesta sesión crearemos un xoguete a partir de materiais de refugallo, así falaremos da regra das 3 Rs: reduce, reutiliza e recicla.
Para que o noso xoguete poida correr necesitará a forza dos nosos pulmóns para soprar o suficiente, isto lévanos a traballar as enerxías renovables, en concreto a enerxía eólica.
Cando todos terminen o seu coche faremos unha competición para ver quen sopra máis rápido.


3ª SESIÓN OBRADOIRO CIENTÍFICO II PARTE:”Experimentos”

OBXECTIVOS
Con estes pequenos experimentos pecharemos o mes de ciencia divertida, desenvolvendo experimentos curtos que nos axuden a explicar propiedades e leis físico-químicas de uso ou aplicación cotiá.

CONTIDOS
Nesta sesión traballaremos aspectos como:
• A tensión dos materiais e de biomoléculas, por exemplo a auga: definición e características.
Forzas, como por exemplo a inercia.
A flotabilidade.
A electricidade estática.
Solución copiadora: como calcar de xeito rápido?




Experimento I: Como atravesar un globo cunha agulla sen que explote?

Experimento II: "Ataque das palliñas" Pode unha palliña atravesar unha pataca crúa? Aquí hai un xeito fácil de aprender sobre inercia e ímpeto. Experimento III: O poder do xabrón Trataches algunha vez de usar xabrón para impulsar un bote? Esta sinxela actividade dá resultado debido á "tensión superficial."
Experimento IV: ¡Flota!
Nunca nos pomos a pensar como é posible que un inmenso barco de aceiro poida flotar tan ben como unha pluma. Este sinxelo experimento axúdanos a entender isto.

Experimento V: Resultados que pon os pelos en punta
Algunha vez recibiches unha descarga mentres camiñabas nunha alfombra ou ao tocar unha chave de luz? Espera un día fresco e seco para aprender acerca da electricidade estática
Experimento VI: Solución copiadora


viernes, 25 de noviembre de 2011

Visata o Verbum dos nenos e nenas do 2º ciclo

O alumnado do 2ºCiclo visitou o Verbum o xoves 24 de novembro.


A visita "Sen palabras" cun taller de "Cine Mudo".

Aínda non temos fotos desta saída. Pero intentaremos conserguir algunha...


Entrada realizada gracias a Web do colexio.

lunes, 21 de noviembre de 2011

2ª SESIÓN OBRADOIRO CIENTÍFICO. II PARTE: “Animaliños trepadores”

OBXECTIVOS
Explicar leis físicas que nos afectan diariamente e das cales, somos pouco conscientes.
Crear un pequeno adorno para casa que nos recorde que a física tamén pode ser divertida.

CONTIDOS
Que estaremos estudando? Con esta sinxela actividade estudaremos dúas leis físicas importantes: A gravidade e a fricción, á vez que potenciamos a nosa creatividade decorando o noso animaliño.
Que sucederá? Ao tirar do cordón, este exerce presión dentro das caniñas. Esta forza, chamada fricción, impide que a araña caia. Cando soltas o cordón, este non fai presión contra as caniñas, polo que a fricción é menor e a araña deslízase ata abaixo, debido á forza da gravidade. Se lle damos a volta verémolo moito mellor.

viernes, 18 de noviembre de 2011

O MAGOSTO

Que é o magosto? Como o viven os nosos nenos?
O Magosto é unha festa de amizade e veciñanza. Tamén é unha festa de homenaxe aos froitos de recente colleita como son por exemplo as castañas e as uvas.
Os nosos nenos e nenas coa axuda dos seus mestres decoraron o colexio con motivos do outono, época na que se celebra o magosto. Tamén trouxeron da casa como tódolos anos o seu porta castañas personalizado.


Click to play this Smilebox slideshow

O pasodo xoves os rapaces e rapazas do colexio reuníronse o redor do lume para asar e comer castañas. Despois xogaron a xogos populares e os máis atrevidos pintaron a cara coa cinza ou borralla da fogueira…

Este vídeo e unha aportación do mestre Fernando o cal publicou no seu blog...
http://paisdequinto.blogspot.com/2011/11/magosto.html


Tamén Laura fixo un pequeno video dos porta-castañas dos seus nenos...
http://kangurines.blogspot.com/2011/11/porta-castanas.html
Click to play this Smilebox slideshow

jueves, 17 de noviembre de 2011

Visita o Verbum

O pasado mércores 16 de novembro o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil foron á exposición "MAIS QUE PALABRAS",na que tivo lugar un taller sobre os cinco sentidos.


Unhas poucas imaxes dos/as nosos/as pequenos/as...


Entrada realizada coa axuda da web do colexio.

lunes, 14 de noviembre de 2011

Tenis de mesa

O tenis de mesa é un deporte de raqueta que se disputa na modalidade individual (dous xogadores) ou por equipos (catro xogadores).


Esta actividade desenvólvese grazas á colaboración desinteresada entre a ANPA e dous membros do claustro: Paco e Jesús.


A iniciativa tivo tanto éxito que non quedan prazas. Se estás interesado/a en participar contacta coa ANPA.





Un pouco de historia…
§   Os primeiros Campionatos do Mundo de Tenis de Mesa celebráronse en Londres en 1926.
§   Os primeiros Campionatos Mundiais Femininos de Tenis de Mesa por Equipos celebráronse o ano 1933 en París.
§   Hoxe en día, os Mundiais de Tenis de Mesa teñen dúas citas anuais, unha para a competición por equipos e outra para a competición individual e converteuse nun dos deportes máis excitantes e rápidos.
§   O tenis de mesa é deporte olímpico desde o ano 1988.

Curiosidades sobre o tenis de mesa...
§   O tenis de mesa é o terceiro deporte con máis practicantes federados do mundo.
§   A velocidade da pelota no tenis de mesa pode alcanzar os 190 km/h.
§   O tempo de contacto da pelota coa raqueta é de 0'003 segundos.
§   Diversos estudos apuntan ao tenis de mesa (tras a natación), como o segundo deporte máis san e completo que se pode practicar.
§   Un estudo recente da NASA determinou que o tenis de mesa é o deporte de maior dificultade (a nivel de elite) e a terceira actividade deportiva máis complexa.
§   O tenis de mesa é un dos deportes que se require conxugar con maior habilidade a preparación física coa intelixencia.

2ª SESIÓN OBRADOIRO CIENTÍFICO. I PARTE: “Vivindo entre volcáns”

OBXETIVOS
Explicar o proceso de erupción.
Falar dos sucesos acontecidos na illa do Ferro nos últimos meses, así como a erupción doutros grandes volcáns ao longo do planeta e a ameaza das erupciones noutras illas e lugares da Península Ibérica. Especialmente, dar a coñecer o volcán que existe en Galicia e que a maioría descoñece.
Explicar que é a Geotermia e como pode ser unha enerxía renovable moi importante, que xa se usa en moitos lugares.
Explicar a riqueza única das zonas volcánicas, debido ás condicións variables e extremas que adoitan soportar as especies que alí viven.

CONTIDOS
Que é o magma?; Os volcáns son moi importantes para a terra? Hai volcáns en Galicia? Creamos un volcán e creamos a erupción do mesmo.


lunes, 7 de noviembre de 2011

1ª SESIÓN OBRADOIRO CIENTÍFICO: “O almidón nas nosas vidas”

OBXETIVOS
Dar a coñecer a importancia pasada, presente e futura dunha sustancia vexetal como o almidón.
Coñecer as súas propiedades e aplicacións, especialmente na fabricación de materiais biodegradables.
Descubrir a súa presenza en multitude de alimentos, ata nalgúns onde non debería estar.



CONTIDOS
En primeiro lugar, deben coñecer a súa orixe, para que cousas úsase, etc. isto levaranos a traballar a importancia da investigación para crear produtos biodegradables, como ocorre actualmente coa fabricación de bolsas feitas con pataca, de onde se extrae o almidón que permite crear bolsas resistentes pero non contaminantes e degradables.
Fácil é mirar unha planta, pero difícil recoñecer todo o seu valor.
As plantas proporciónannos unha chea de sensacións (beleza, relaxación, etc.), pero tamén moitos alimentos, innumerables medicamentos, e outros tantos beneficios... pero sabemos tan pouco delas... por exemplo:
Que é o almidón?, Nós comemos almidón?, Para que serve o almidón? Como pode unha planta fabricar algo tan rico?



viernes, 4 de noviembre de 2011

Celebración Samaín

Chegou a epoca do Samaín, o principio do inverno e o fin do outono. É a noite máis misteriosa do ano. Neste curso os/as nosos/as fillos/as botaron fóra simbolicamente os seus medos a través do lume...


Un pouco de Historia...


Na noite do 31 de outono comezaba o aninovo celta, marcando a transición do outono ao inverno. Durante a 

noite do 31 de outubro os druídas (a caste sacerdotal dos celtas) recollían as baías do acivro dos troncos de 
aciñeiras e carballos, cunha fouce de ouro. Acto seguido depositaban esas baias nun caldeiro ou as tiraban a un manto branco que sostiña outro druída no chan. Despois, esas baias tan especiais, terían indubidables poderes curativos para o poboado, e para as súas elaboracións "máxicas".  


Uns días antes do ano novo, tiñan lugar innumerables sacrificios animais. Ademais de ter un carácter relixioso, temos que ter en conta unha cousa que se achega o inverno e hai que empezar a almacenar para facer fronte aos duros meses que veñen por diante. 


Estes sacrificios de animais, facíanse co obxectivo de aprovisionarse de carne e de pel para o inverno. Era a súa peculiar "matanza". 


Esa noite está relacionada moi directamente co mundo dos mortos. Pois ben, esta crenza estaba moi arraigada  no  pobo  celta.  Eles  crían  que  esa  noite,  unha  "porta" abríase, e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas. Durante este período non se podía saír do pobo, pois nesta noite, as ánimas dos finados volven visitar ás súas familias  e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os parentes. 


Durante esas horas, podíase tocar, palpar e ata se podía traspasar ao mundo dos mortos. 
Por iso en todo o pobo había fogueiras. Estas, non se acendían coa intención de espantar aos malos espíritos, nin nada diso, senón que se acendían para poder guiar aos mortos na escuridade da noite, para que atopase aos seus parentes e fogares, e puidésense quentar coa calor do lume do fogar.  




Cantando...

Os nosos rapaces aprenderon a canción do Samaín...





Unhas imaxes para o recordo...

Click to play this Smilebox slideshow

martes, 25 de octubre de 2011

Obradoiro de Cociña, Cuarta Sesión:

“Galletas para Halloween”
Materias e utensilios
 
A maiores do que xa temos.

  • Papel para o forno (importante porque senón o forno mánchase moito e as galletas péganse).
  • Rodete de cociña para estirar a masa, (senón temos podemos sustituílo por unha botella de vidro).
  • Un plato fondo para derretir a manteiga no microondas.

Ingredentes
 
Por grupo

  • ·   Un paquete de fariña.
  • ·   Un paquete de azucre.
  • ·   Un sobre de fermento
  • ·   Chocolate para fundir.
  • ·   Manteiga 150 – 200 gramos.
  • ·   Vainilla líquida
  • ·   E escarvadentes para darlle forma as galletas

Mans á obra.
 
Bater ben o azucre coa manteiga (derretida previamente no microondas), os ovos, o fermento e a vainilla líquida.
Poremos a quentar o forno a 200 ºC.
Logo imos engadindo pouco a pouco a fariña, batendo continuamente para
que non se formen grumos, ata lograr unha masa cremosa e maleable. Facemos
unha bola coa masa e esmagámola co rodete, ata deixar un grosor entre
1 e 1,5 cm.
Repartiráselle a cada neño/a un anaco da masa e onde farán os seus debuxos e
formas, decorando as súas galletas con cachiños de noz e de chocolate (previamente

partidos). Enfariñaremos e poremos manteiga na fonte para o forno (senón temos o papel para
forno) e disporemos as nosas galletas. Baixaremos a temperatura do forno a 180*C e fornearemos
as nosas galletas durante 15 ou 20 minutos.
 






Agora haberá que esperar que arrefríen para saborear as nosas galletas.

martes, 18 de octubre de 2011

Obradoiro de Cociña, Terceira Sesión:

“Minipizzas”
Material: Coitelos, pratos, papel de forno, culleres.
Ingredentes:

  • ·   Baguette
  • ·   Tomate frito
  • ·   Champiñóns
  • ·   Queixo relado
  • ·   Baicon
  • ·   Xamón de iork

Mans á obra:

  • ·   Cortamos a baguette á metade, e cada metade en 2 ou 3 porcións.
  • ·   Botamos en cada porción, na parte do miolo, un poco de tomate frito, repartíndoo por todo o miolo.
  • ·   Cortamos o xamón iork, o baicon e os champiñóns en cachiños pequenos.
  • ·   Repartimos os cachiños por toda a pizza.
  • ·   Pomos o papel no forno e deixamos as minipizzas dentro do forno máis ou menos 15 minutos.
Gif Pizza caliente
Retirámolas e a comer!

Xornada de Minitenis

Hoxe os máis peques do cole, disfrutaron dun día diferente...


Click to play this Smilebox slideshow


Os nenos de 5º de infantil, 6º de infantil, 1º de primaria e 2º de primaria, pasárono de medo xogando ao minitenis.

martes, 11 de octubre de 2011

Obradoiro de Cociña, Segunda Sesión:


Bob esponxa”

Materiais e utensilios
Non necesitamos máis que o material do outro día.


Ingredentes
Por grupo

  • ·       Un paquete de pan de molde grande, contando que necesitamos 20 rebanadas.
  • ·       5 cogombros para cortar a metade.
  • ·       20 rebanadas de xamón de iork
  • ·       20 rebanadas de queixo
  • ·       1 leituga, con que sexa máis pequena que a da anterior sesión chega, porque, a non ser que lles guste e quieran poñer máis, só precisan unha.
  • ·       10 tomates
  • ·       Aproveitamos as olivas do outro día.
Por neno/a

  • ·       2 rebanadas de pan de molde
  • ·       1/2 cogombro
  • ·       2 rebanadas de xamón de iork
  • ·       2 rebanadas de queixo
  • ·       1 folla de leituga
  • ·       1 tomate
  • ·       Olivas para facer os ollos e a quen lle gusten que as engada dentro do sándwich
Mans á obra.
Lávanse todos as mans. Dánselle aos/ás nenos/as os ingredientes.
Lavan as verduras, quitámoslle a codia ao pan e reservámola. Para dalle a forma do corpo hai que sacar un pouquiño das esquinas de abaixo para que quede máis ou menos así (aínda que menos esaxerada):

Cortamos o tomate en rebandas e dunha delas, preferentemente dunha das “tapas” do tomate, con axuda do coitelo dámoslle forma de gravata e reservámola para o final de todo.
Quitámoslle a pel con coidado ao anaco de cogombro que nos tocou e cortamos a pel en tiras e reservámolas para decorar ao noso Bob Esponxa (pestanas, marcas de expresión, cinto, etc. o que queiran). Cortamos o cogombro pelado en rebandas e reservamos catro, dúas para os ollos e coas outras dúas facemos círculos máis pequenos para decorar o corpo. Posteriormente, nunha das nosas rebandas de pan debuxamos un gran sorriso, debuxando primeiro co coitelo e quitando o pan central despois.
Collemos unha rebanda de xamón de iork e cortámola para que saia da boca, a modo de lingua, algo así:
Por exemplo, cortan a rebanda e a parte de arriba úsana de recheo para o sándwich.


Cunha rebanda de queixo facemos dúas tiras e partímolas á metade, de forma que dúas son os brazos e dúas as pernas do noso Bob. Logo fan dous cadradiños para os dentes, dúas mans e un cacho para facer o nariz.


Cada neno/a colle unha oliva e a parte á metade para facer os ollos. Aos que lles gustan as olivas poden cortar algunhas máis para pór dentro do sándwich e así aproveitalas.
Sobre a outra rebanda de pan de molde colocamos a rebanda de xamón de iork e o anaco que nos sobrou de antes, unha rebanda de queixo e os posibles restos que nos sobraron de facer brazos, dentes e nariz, e as rebandas de tomate e de cogombro que nos sobran.
Ao rematar colocan unha folla de leituga e enriba dela a ”lingua” de xamón de iork. Pomos a rebanada de pan co buraco do sorriso e a continuación xa podemos decorar o noso Bob Esponxa. Pómoslle as dúas rebandas de cogombro cunha metade de oliva por riba; coas tiras da pel do cogombro facémoslle as pestanas; pómoslle o nariz de queixo; os dentes de queixo; as liñas do sorriso coa pel do pepino; coa codia do pan de molde colocámoslle a Bob o cinto, as pernas do pantalón e os zapatos; pómoslle a súa garavata, o cinto, os círculos de cogombro pequenos e finalmente mans e pés e ¡LISTO!
Gif Bob absorbido

jueves, 6 de octubre de 2011

Inicio Baile Galego e pandereta

Antes de nada, gustaríanos darvos a benvida á actividade, intentaremos que tanto a nivel funcional como organizativo cumpra coas vosas expectativas.
O baile Galego así como a Pandeireta, son importantes porque forman parte das nosas tradicións.

Cremos que plantando unha semente pequena nos nosos pequenos conseguiremos manter vivas as nosas tradicións.
Queremos transmitir tanto o Baile galego como a Pandeireta como unha disciplina bonita á vez que divertida.
A continuación imos informarvos dalgunhas cuestións que creemos importantes:
1.     Como sabedes poderedes darvos de alta ou de baixa en calquera momento. Pregámosvos que o fagades por escrito indicando o nome do neno/a e o motivo desta, se é posible, e cunha antelación de 20 día como mínimo.
2.     Ao longo do curso está previsto que realicemos algunha actividade fóra de horario extraescolar, participar no Día Das Letras Galegas ou no Festival de Fin de Cuso. Antes das devanditas celebracións mandarásevos unha circular informándovos.

Un pobo con tradicións é un pobo con sabedoría.